“Las Sinsombrero”

17xuñ19:00“Las Sinsombrero”ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

No contexto da programación do Club de Lectura #BiblioMARCO, e como actividade complementaria da lectura do mes de xuño —Elvira Lindo. 30 maneras de quitarse el sombrero— organízase esta actividade que inclúe a proxección do documental “Las Sinsombrero” (grazas á colaboración de RTVE), que servirá como peche da tempada do Club de Lectura antes da paréntese de verán.

A presenza, tanto no documental coma na novela, dalgunhas das protagonistas da Xeración do 27, brinda un excelente punto de partida para o debate sobre o papel destas mulleres, silenciado na maioría dos relatos oficiais, e ofrece interesante información adicional para o desenvolvemento da sesión.

Sinopse

Documental sobre as artistas e intelectuais da Xeración do 27. Mulleres de grande talento como Maruja Mallo, Marga Gil Roësset, María Teresa León, Josefina de la Torre, Rosa Chacel, Ernestina de Champourcín, María Zambrano e Concha Méndez, que conviviron, se formaron e desenvolveron a súa obra xunto a os recoñecidos membros masculinos da súa xeración, e que tras a Guerra Civil foron condenadas ao esquecemento.

Reservas de praza en taquilla MARCO a partir de hoxe martes 15 xuño

Máis