
16nov12:2912:29LAS COTTONPEQUECHOS | 5,00€12:29 - 12:29
Detalles do eventos
Anita Maravillas & Portal 71 | 50′ | +5 anos Dúas sesións: 12:30h e 18:00h Deixando atrás os perigos do seu pobo
LAS COTTON
Anita Maravillas & Portal 71 | 50′ | +5 anos
Dúas sesións: 12:30h e 18:00h
Deixando atrás os perigos do seu pobo natal, a familia Cotton diríxese á cidade na procura de novas vidas e oportunidades. Entre os tellados e as luces da cidade, entre as teas, os fíos e as máquinas da fábrica, a nai e as súas dúas fillas vivirán novas aventuras e perigos descoñecidos. Pero esta vez non están soas e lanzaranse con forza ao desexo de ser felices.
Idea orixinal: Miren Larrea
Dirección: Iván Alonso
Música: Fran Lasuen e Miren Amuriza
Deseño de iluminación: Ion Chávez
Escenografía: Iñaki Ziarrusta (Atx Teatroa)
Vestiario: Betitxe Saitua
Construción de monicreques: Valentina Raposo
Atrezzo: Javi Tirado
Elenco artístico: Miren Larrea e Valentina Raposo/ Maren Basterretxea
Entradas anticipadas (sen gastos de xestión)
• A través da páxina web de Giglon (www.giglon.com).
• Na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).
O público entre 12 e 18 anos poderá beneficiarse dun 30% de desconto no prezo das entradas soltas adquiríndoas anticipadamente a través de Internet co código de desconto OTEATROMOLA (no control de accesos do Auditorio poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).
Máis
(Martes) 12:29 - 12:29