VIALIA
bannerPicnicSesions

Este é un evento repetitivo

Laboratorios de experimentación e creación en familia

19xul11:00Laboratorios de experimentación e creación en familiaPEQUERRECHOS | De balde11:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Para a este período estival, a área de Didáctica do MARCO retoma a súa programación especial de verán, que este ano inclúe, ademais de obradoiros infantís, un innovador programa destinado a público familiar:

LABORATORIOS DE EXPERIMENTACIÓN E CREACIÓN EN FAMILIA

Para público familiar (nenos/as a partir de 4 anos acompañados de persoas adultas)

Conducidos por Cristina González Larriba (Arte y Garabato) e Mª Xosé Martínez

Do 12 ao 28 de xullo de 2022

MARCO: Espazo Anexo (praza peonil posterior), Galería B3 e salas de exposición

Horario: martes e xoves de 11.00 a 12.30

GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN
Reservas de praza a partir do 5 de xullo en taquilla recepcion.marco@gmail.com / Tel. 986 113900 (ext. 100)

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN

Para participantes de 3 a 12 anos

Conducidos por Mª Xosé Martínez e persoal de Didáctica do MARCO

Do 6 ao 29 de xullo de 2022

MARCO: Espazo Anexo (praza peonil posterior) e salas de exposición

Horarios:

De 3 a 6 anos: mércores e venres de 11.00 a 12.30 /

De 7 a 12 anos: mércores e venres de 12.30 a 14.00

GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN
Listas abertas para cada sesión ata completar capacidade: máximo 25 participantes por sesión

[Posibilidade de reservas específicas para grupos en función de datas e horarios dispoñibles.]

Reservas de praza a partir do 5 de xullo en taquilla recepcion.marco@gmail.com / Tel. 986 113900 (ext. 100)


SESIÓN 1 / Martes 12 xullo
“Arredor da casa”
Reinterpretamos a obra do mesmo título, do artista Alfredo Alcain, en tres dimensións, para explorar conceptos como o volume, o movemento, a silueta e o reflexo.

SESIÓN 2 / Xoves 14 xullo
“Skyline”
Investigamos sobre as calidades físicas e estéticas da madeira e do cartón, construímos unha paisaxe mediante pezas destes materiais, e experimentamos coa luz creando un “skyline” a través das sombras proxectadas sobre a parede.

SESIÓN 3 / Martes 19 xullo
“Cidade-froita”
Un divertido taller de ensamblaxe, na que poñemos en relación obxectos dispares para deseñar e construír as nosas propias cidades imaxinadas.

SESIÓN 4 / Xoves 21 xullo
“Escala e luz”
Que é a escala? Como podemos xogar con ela, e qué efectos podemos conseguir? Partindo da importancia da escala na obra do escultor Francisco Leiro, reflexionamos sobre este concepto, transformamos as dimensións de obxectos cotiáns, e utilizamos varios dispositivos (diapositivas, retroproxectores, transparencias) para construír paisaxes e escenografías por medio da luz.

SESIÓN 5 / Martes 26 xullo
“Invertir a mirada”
Un espello abonda para reinventar o mundo. O cotián vólvese máxico e somos quen de percibilo dun modo moi diferente. Neste taller realizaremos unha acción colectiva invitando aos participantes a experimentar novas formas de percepción a través de espellos, nos propios espazos do interior e exterior do Museo.

SESIÓN 6 / Xoves 28 xullo
“Corpo e figura”
A partir da exposición de Francisco Leiro, traballamos a representacion da figura humana baseándonos nos “Arsintes” do tamén escultor e pedagogo Ángel Ferrant. Investigamos sobre os trazos que definen o corpo humano, xogamos coas siluetas, e dámoslles vida e movemento.

Máis

Hora

(Martes) 11:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events