>

Este é un evento repetitivo

23xul11:3013:00Laboratorios artísticosPEQUERRECHOS | De balde 11:30 - 13:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

MARCO organiza durante o mes de xullo unha programación especial de verán con actividades gratuítas para público infantil, familias e grupos. A proposta inclúe obradoiros creativos, laboratorios artísticos e visitas participativas inspiradas nas exposicións do museo, onde as crianzas poderán experimentar con diferentes técnicas, materiais e formas de expresión artística.

  • Os obradoiros infantís están dirixidos a nenos e nenas de 3 a 6 anos e celebraranse os martes, mércores e venres do 7 ao 31 de xullo, de 12:00 a 13:30 h.

  • Pola súa banda, os Laboratorios Artísticos terán lugar os xoves, do 9 ao 30 de xullo, de 11:30 a 13:00 h, e están pensados para participantes a partir de 7 anos, que poderán asistir sós ou acompañados por persoas adultas.

Todas as actividades son gratuítas, pero requiren inscrición previa por correo electrónico (recepcion@marcovigo.com) ou no teléfono 986 113 900.

Hora

23 xullo, 2026 11:30 - 13:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events