LABORATORIO DE CIANOTIPIA
22xul11:30LABORATORIO DE CIANOTIPIAACTIVIDADES PARA O COCO | 20,00€11:30
Detalles do eventos
Trátase dun “LABORATORIO DE CIANOTIPIA” dirixido tanto a público adulto como a nenos a partir de 6 anos, polo que resulta un evento ideal para gozar en familia.
Detalles do eventos
Trátase dun “LABORATORIO DE CIANOTIPIA” dirixido tanto a público adulto como a nenos a partir de 6 anos, polo que resulta un evento ideal para gozar en familia. O taller estará impartido por PeixeSapop, unha parella de artesáns galegos cunha dilatada experiencia neste tipo de actividades
A cianotipia é un sistema de impresión antigo, inventado en Inglaterra en 1842 por John Herschel cando experimentaba con sales fotosensibles. Obtense unha imaxe de cor azul Prusia ou Turquesa resultado dun proceso de revelado químico. Neste laboratorio aprenderase a preparar as solucións, crear os fotólitos, dominar o insolado e a estampar imaxes, fotografías ou impresións con plantas en cor azul. Non é necesario ter coñecementos previos, nin traer ningún material, todo o necesario está incluído no prezo de inscrición. Só é necesario ter curiosidade por esta fascinante técnica e moitas ganas de aprender!
O importe da inscrición é de 20 € (inclúe todos os materiais).
Máis

Hora
(Sábado) 11:30