
Detalles do eventos
O xoves 17 de outubro haberá unha charla con perspectiva de xénero sobre ‘Muller, saúde e deporte’ no Work Café Santander; e os días 27
Detalles do eventos
O xoves 17 de outubro haberá unha charla con perspectiva de xénero sobre ‘Muller, saúde e deporte’ no Work Café Santander; e os días 27 de outubro e 3 de novembro, dous adestramentos de running enfocados a preparar a carreira
“Somos moito máis que unha carreira” é o lema que abandeira este ano LA21 Media Maratón de Vigo, que organiza unha serie de actividades previas ao gran evento deportivo do 17 de novembro para promover saúde e deporte. A primeira delas será unha mesa redonda con perspectiva de xénero sobre ‘Muller, saúde e deporte’ que se celebrará o vindeiro xoves 17 de outubro, ás 17:00 horas, no Work Café Santander.
Na charla, intervirán a adestradora persoal, especialista en readaptación e lesións, e CEO do centro deportivo 21METs, Nazareth Tilve; a coach deportiva e psicóloga do RC Celta, Laura Centoira; a atleta amateur diagnosticada con artrite reumatoide e CEO de Tendas Bambinos, Elisa Lodeiro; así como a fisioterapeuta, atleta e empresaria Eva Piñel. Cun carácter eminentemente feminino, esta mesa redonda pretende incorporar unha mirada de xénero sobre a saúde e o deporte da muller “para facelo máis visible”. “Un dos obxectivos que nos marcamos con LA21 é tentar sumar cada ano a máis mulleres e, nesta liña, decidimos facer unha charla poñéndoas no foco para reivindicar a importancia do deporte na saúde feminina”, explica o seu organizador, David Suárez, CEO de Diesemm.
Por outra banda, os domingos 27 de outubro e 3 de novembro, LA21 organizou dous adestramentos, dirixidos polo adestrador persoal e especialista en running e tríatlon Alberto Pino. Ambos os entrenos sairán do campo de fútbol do Coruxo, no Vao, ás 10:00 horas. O primeiro deles será unha tirada de 10K e o segundo, unha tirada longa. Ambos servirán de preámbulo á carreira que se celebrará o 17 de novembro de 2024. A organización, grazas á colaboración de Tendas Bambinos e Cybex, pon ao dispor dos corredores e corredoras o uso de coches de bebé aptos para correr, tanto para os entrenos como para o día da carreira.
Todas as actividades son gratuítas, previa inscrición.
LA21 MEDIA MARATÓN DE VIGO
O 17 de novembro de 2024 celebrarase a 26º edición de LA21 Media Maratón de Vigo, a carreira que une O Vao e As Avenidas atravesando os túneles de Beiramar. Este ano contará con dúas categorías para adultos, 21K e 10K, esta última con saída desde Samil. Como novidade, o circuíto de media maratón estará homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e os corredores e corredoras poderán gravar o seu nome e tempo na medalla. Ademais, haberá tres categorías infantís que correrán na contorna de As Avenidas nun circuíto adaptado.
Máis
Hora
17 outubro, 2024 17:00(GMT+02:00)
Localización
Work Cafe Santander
Príncipe, 39
Hoxe móvese
- Mes actual