'La voz rota' de Alicia Borrás – A Movida

xullo, 2018

26xul20:30'La voz rota' de Alicia BorrásPRESENTACIÓN LIBRO | De balde20:30 Detrás do MARCO

Máis

Detalles do evento

O xoves 26 de xullo ás 20:30 horas celebrarase en Detrás do Marco a presentación da novela “La voz rota”, da escritora viguesa Alicia Borrás, editada por Editorial Elvira. No acto público estarán presentes a autora, así coma o editor Xabier Romero.

Alicia Borrás Sanjurjo, nada en Vigo, traballa como actriz de dobraxe, profesora de teatro e escritora. Como escritora, publicou tanto en galego como en castelán. Foi finalista do Premio Lazarillo de creación literaria en 1998 por Versos graciosos, sabrosos y jugosos.

Sinopse da obra
Silvia, unha excelente actriz de dobraxe, é asasinada no terceiro soto do parking próximo ao estudo de Santiago de Compostela onde ela traballa habitualmente. Estrangulárona, e na súa boca aberta sen lingua, aparece unha bóla de papel onde o asasino escribiu: “Take 1” –cada unha das unidades en que se divide o texto dun guión de dobraxe-.

Hora

(Xoves) 20:30

Lugar

Detrás do MARCO

Rúa Londres, 36202 Vigo, Pontevedra

X