decembro, 2018
11dec19:30'LA VOZ ROTA' de Alicia BorrásPRESENTACIÓN LIBRO | De balde19:30 Casa del Libro
Detalles do evento
Presentación do libro La voz rota, de Alicia Borrás, publicada pola Editorial Elvira. SINOPSE Silvia, unha excelente actriz de dobraxe, é asasinada no terceiro soto do parking próximo ao estudo de Santiago
Máis
Detalles do evento
Presentación do libro La voz rota, de Alicia Borrás, publicada pola Editorial Elvira.
SINOPSE
Silvia, unha excelente actriz de dobraxe, é asasinada no terceiro soto do parking próximo ao estudo de Santiago de Compostela onde ela traballa habitualmente. Estrangulárona e na súa boca aberta sen lingua aparece unha bóla de papel onde o asasino escribiu: Take 1.
Un par de días despois do crime e a tarde posterior á incineración da muller, nun estudo de dobraxe de Vigo, aparece morto Willy, un técnico de son co que ela e Rafa -o director que atopou o corpo de Silvia- formaban un trío insubstituíble. O seu cadáver aparece na sala de mesturas estrangulado e con cinco dos seus dedos cortados cunha ferramenta similar á que utilizaron para mutilar á súa compañeira. Na pantalla, ao que aparentemente mira o corpo sen vida do mozo, pode lerse escrito co seu propio sangue: Take 2.
A conmoción sacode ao colectivo de actores de dobraxe que se move polos distintos estudos de Galicia. Areal, Valiño e a subinspectora encargados do caso son conscientes de que o tempo corre na súa contra. Un asasino en serie empezou a actuar e ninguén sabe en que momento pode volver facelo. A présa para atopar ao monstro deriva nun quebracabezas no que ningunha ficha parece encaixar.

Hora
(Martes) 19:30
Lugar
Casa del Libro
Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra