setembro, 2019

17set20:00'La importancia del pez cebra' de María RodríguezACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Museo Marco

Máis

Detalles do evento

O evento terá lugar o vindeiro martes 17 de setembro no MARCO ás 20:00 horas. A autora, acompañada polo editor Xabier Romero e por Arantxa Amatriain, falaranos de todo o relacionado coa creación da novela, as súas referencias, reflexións e motivacións.

‘La importancia del pez vela’ é unha novela ambientada nas rúas de Vigo que trata de trasladar aos adultos á adolescencia, para que empaticen coa xeración que está atravesando esa etapa da vida. O título fai referencia á importancia das pequenas accións cotidianas, como o pez cebra, un pequeno animaliño con enorme importancia para a investigación neurolóxica, pola similitude cos humanos, que o convertiu no primeiro vertebrado da historia en ser clonado.

María Rodríguez resultou gañadora hai dous anos do IV Certamen Nacional de Relatos Vigo Histórico, da Editorial Elvira, que hoxe publica a súa primeira novela.

Hora

(Martes) 20:00

Lugar

Museo Marco

Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X