
Detalles do eventos
O evento, que se celebrará en Navia, contará con pasarúas, concerto de El Síndrome de Penny Lane, DJ, actuacións de maxia e pallaso, obradoiros infantís, actividades de deporte
Detalles do eventos
O evento, que se celebrará en Navia, contará con pasarúas, concerto de El Síndrome de Penny Lane, DJ, actuacións de maxia e pallaso, obradoiros infantís, actividades de deporte inclusivo con Discamino, cantina e foodtrucks.
Vigo acollerá este sábado 24 de maio “un espectáculo sen precedentes” coa elaboración da tortilla máis grande da súa historia que se realizará no festival solidario de Alento con motivo do seu 25 aniversario. O evento, que será a pé de rúa e de acceso libre, celebrarase diante das portas de Alento, na rúa Pedra Seixa, no barrio de Navia.
“Organizamos un aniversario ao grande co obxectivo de abrirnos á cidade, dar a coñecer a asociación e tamén como agradecemento a Vigo polo seu apoio e compromiso coas persoas afectadas por dano cerebral adquirido en todos estes anos”, destaca o seu director xerente, Gonzalo Mira, que convida “a toda a cidade” a achegarse a gozar de “unha tortilla histórica e máis dunha decena de actividades para toda a familia”.
O acto dará comezo ás 17:00 horas coa saída do grupo de percusión Lenha Verde que fará un pasarúas dunha hora polo barrio de Navia. A esa mesma hora, activarase a zona cero do evento coa actuación da Coral de Teis. De 17:30 a 18:30 horas actuará o pallaso Abraitz no escenario principal. A partir das 18:00 horas haberá unha hora de portas abertas en Alento para que os asistentes que así o desexen coñezan a asociación.
Ás 18:00 horas comezará tamén a elaboración da tortilla xigante, cuxa preparación será retransmitida en pantalla xigante e cuxo momento culmen será ao redor das 19:00 horas cando o equipo El Huevo de la Abuela, empresa co récord Guiness na elaboración de tortilla máis grande da historia, daralle a volta cun grúa de seis metros. A partir de entón, comezarán a servirse as racións.
Ás 19:45 horas comezará o espectáculo do mago Xulio Merino, un show familiar no escenario principal. Ás 21:15 horas actuará o grupo vigués El Síndrome de Penny Lanne, que pechará o evento.
Desde as 17:00 ata as 23:00 horas haberá, de forma ininterrompida, cantina e foodtrucks con comida e bebida; obradoiros infantís e animación a cargo de Cocofante; e un circuíto de bicicletas e triciclos adaptados para nenos e adultos organizado polo equipo de Javier Pitillas e Discamino.
Á rolda de prensa de presentación, que se celebrou no Work Café Santander, asistiron a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; a vicepresidenta segunda da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez; e a concelleira de Política Social do Concello de Vigo, Yolanda Aguiar. O evento está impulsado por Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Howden, Otis Enor, Eurest, EGA, FEMXA, Optare Solutions, Lago de Cabo, Orto Tec, Netcom, Mantergal, Farmacia Hermida, Bugas, Irago e BDO.
Máis
Hora
24 maio, 2025 17:00 - 23:00(GMT+02:00)
Localización
Navia
Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual