Detalles do eventos
Que farías se che encargasen roubar unha xoia, pechar un negocio millonario ou descubrir un asasino antes de que remate a noite? Iso é o que propón La
Detalles do eventos
Que farías se che encargasen roubar unha xoia, pechar un negocio millonario ou descubrir un asasino antes de que remate a noite? Iso é o que propón La Subasta, unha experiencia de rol en vivo que trasladará aos participantes ao verán de 1923, nunha exclusiva gala benéfica onde nada é o que parece.
Organizado por Realidad Alternativa, o evento permitirá aos asistentes converterse en personaxes da alta sociedade da época e formar parte dunha trama chea de intrigas, alianzas, misterios e segredos. Cada participante recibirá un papel con obxectivos propios, relacións cos demais personaxes e unha historia que irá evolucionando ao longo da partida.
A experiencia terá lugar en Vitruvia Café, un espazo que axudará a recrear a atmosfera da época. A organización proporcionará vestiario, atrezo, dirección de xogo e todos os elementos necesarios para mergullarse por completo nesta historia interactiva.
Só hai vinte prazas dispoñibles para esta proposta pensada para maiores de 18 anos. As reservas poden facerse por WhatsApp e Telegram (616 354 866 ) ou a través de email a info@realidadalternativa.com.
Máis información en realidadalternativa.com
Hora
27 xuño, 2026 18:10 - 21:10(GMT+02:00)
Localización
Vitruvia Café
Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


