La Redada – A Movida

xullo, 2018

11xul21:00La RedadaCONCERTO | De balde21:00 Radar Estudios

Máis

Detalles do evento

La Redada son ao espectro dos sons latinos e tropicais o que BADBADNOTGOOD ao Jazz e ao Hip Hop: unha banda de músicos “cosmopolita” e “multi-rexión” procedente de México que basa seu discurso en adorar sons do pasado mentres os actualiza coa vista posta tanto nos crate-diggers como na pista de baile.

Un sexteto (batería, órgano, baixo, percusións, instrumentos de vento, sintetizadores e theremin) liderado por Carlos Icaz que se auto-definen como “o remedio infalible á escasez de baile no mundo actual” e perfilan seu discurso sonoro e festivo a partir de influenzas como o Danzón, o Cha-cha-cha ou o Funk latino e con apuntes psicodélicos de grupos memorables como Pucho & His Latin Soul Brothers.

Hora

(Mércores) 21:00

Lugar

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

X