xaneiro, 2020

31xan19:0020:30La Petite CaravanePEQUERRECHOS | De balde19:00 - 20:30 Príncipe

Máis

Detalles do evento

Dúas caravanas realizarán espectáculos de micro-teatro diante do MARCO mentres unha ruada transitará pola rúa do Príncipe.
Ambientado nos teatros de principios do século XX, este pequeno teatro pode albergar as máis variadas representacións: maxia, monicreques, teatro, curtametraxes. Trátase, posiblemente, do teatro máis pequeno que existe, e ademáis ten rodas. Apenas 25 persoas poderán gozar dunha inesquecible actuación única e irrepetible. Pode que estiveses nos mellores e máis importantes teatros do mundo, pero sen dúbida non nun coma este.
Canso de que o rexeiten en todos os teatros, o artista de variedades máis pequeno do mundo decide montar un teatro de seu, e non só o fai acorde coas súas medidas, senón que tamén lle pon rodas para levalo a todos os recunchos do mundo. Feliz de poder amosarnos as súas habilidades, este diminuto artista convídanos a somerxernos nunha atmosfera máxica confirmando, unha vez máis, que o bo vén en frascos pequenos. Sen dúbida ningunha, un espectáculo que xamais esquecerás.
PASES
Venres 31 de xaneiro: 19:00, 19:30, 20:00 e 20:30 h
Sábado 1 e domingo 2 de febreiro: 17:30, 18:00, 18:30, 19:00, 20:00 e 20:30 h.

Hora

(Venres) 19:00 - 20:30

Lugar

Príncipe

Rúa do Príncipe 36202 Vigo Pontevedra

X