>

12xuñ20:00[CANCELADO] Sesións La Luthería: Ollo, Lóstrego!CONCERTOS | 12,00 €20:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

La Luthería pon en marcha un novo ciclo de sesións culturais que combinan música, creación escénica e gravación audiovisual nun formato íntimo. Cada proposta queda rexistrada como unha peza artística, converténdose nunha experiencia tanto en directo como documental.

O ciclo inaugúrase con Ollo, Lóstrego!, a primeira das sesións programadas no arboreto da Fundación Sales, un espazo natural transformado en escenario para a creación contemporánea. A asistencia require inscrición previa a través da canle oficial do proxecto, xa que as prazas son limitadas. A chegada do público establécese entre as 19:30 e as 19:50 horas, co fin de facilitar un acceso ordenado e garantir o comezo puntual da sesión.

Ollo Lóstrego! está formado por Marcos Domato (guitarra e voz), Noel García (baixo e voz), Adrián Bokas (sintes, percusión e voz) e Héctor Agulla (batería) e neste concerto estarán presentando  o seu último traballo, ‘A Inevitable Caída dos Imperios‘; ademáis de nova música, darán un repaso ó seu repertorio máis antigo, o dos seus dous primeiros Ep’s: o homónimo “Ollo, Lóstrego” (2019) e “Hábitat”. A orixinal proposta da formación, destaca por un son traballado, elaborados arranxos, fina execución e o delicado tratamento das melodías vocais, cuxas harmonías fan de fío condutor ao longo de todo o álbum, creando emociantes paisaxes sonoras que non deixarán indiferente ó ouvinte. Na súa música atopamos reminiscencias de grupos como Karnivool, Porcupine Tree, The Pineapple Thief, Tool ou os xa extintos Cró!.

Ao longo dos próximos meses desenvolveranse novas sesións xa confirmadas:

  • Artista por confirmar — 2 de xullo
  • Lamatrema — 16 de xullo
  • La Guinda — 30 de xullo
  • Marrit — 6 de agosto
  • Artista por confirmar — 20 de agosto
  • Lideira — 11 de setembro
  • Lulavai — 25 de setembro

La Luthería é un proxecto multidisciplinar vigués que funciona como plataforma de creación e gravación de contidos culturais. Nel, artistas de distintas disciplinas desenvolven sesións en directo que posteriormente son documentadas e difundidas en formato audiovisual.

As entradas teñen un prezo único de 12,00 € e poden reservarse por correo electrónico (lalutheriacultural@gmail.com) ou Whatsapp (686 725 864).

En A Movida sorteamos dúas entradas individuais para o concerto entre todos os nosos AMovidalovers, se queres gozar desta e outras vantaxes, subscríbete nesta ligazón.

Hora

12 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events