VIALIA
bannerPicnicSesions

La Granja de Zenón

12dec12:3016:30La Granja de ZenónPEQUERRECHOS | Desde 18,00€12:30 - 16:30(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Dous pases: 12:30 e 16:30

Unha experiencia exclusiva recomendada para nenos entre 0 e 6 anos cun gran despregamento de produción e escenografía, con 150 metros cadrados de pantallas led e efectos de última xeración

O próximo día 12 de decembro chegará ao teatro Afundación de Vigo a primeira xira de EXACTO!, o único show orixinal de La Granja de Zenón, o fenómeno infantil inspirado na serie creada pola exitosa canle El Reino Infantil.

Con máis de 45 millóns de subscritores na súa canle de Youtube e 42 billóns de visualizacións nos seus vídeos, La Granja de Zenón converteuse nun dos maiores éxitos infantís da historia.

Estreado en 2019 en Buenos Aires, xa virou por Arxentina, Chile, Colombia e México entre outros países, e foi visto por máis de 1.000.000 de espectadores

Sinopse – Unha divertida viaxe a La Granja .

Zenón recibe aos seus sobriños Tito e María para pasar un día moi especial na granxa. Bartolito, cansado de que os seus amigos non o deixen cantar con eles márchase ao bosque, só e lonxe da granxa, onde se fará cun impensado amigo e xuntos crearán unha canción moi especial

Percherón, dona Pancha, Pepe e os demais animais da granxa xunto a Zenón e os seus sobriños buscarán a Bartolito por todas partes para convencelo de que volva a casa.

Será un día moi divertido, cheo de cancións e sorpresas en La Granja de Zenón

Máis

Hora

(Domingo) 12:30 - 16:30(GMT+01:00)