REVISTA A MOVIDA >

06xul20:00'La gran aventura del Pollo Pepe' será o primeiro espectáculo infantil do veránPEQUECHOS | De balde20:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

A programación musical do ‘Vigo en festas’ medra cunha nova proposta para o público infantil “a primeira actuación deste verán”, dixo o rexedor, Abel Caballero, ao desvelar que o 6 de xullo teremos en Castrelos La gran aventura del Pollo Pepe – El musical. O espectáculo nace da historia dun dos libros máis relevantes da etapa infantil en España, “un best-seller con máis de 2,7 millóns de exemplares vendidos”, explicou.

Esta adaptación aterra cun espectacular musical no que Pepe emprenderá unha emocionante busca para encontrar a súa nai desaparecida, sempre acompañado dos seus amigos: Clea a porquiña, Ramona a rá e López o can. Caballero indicou “que van emocionar de forma tan notable ás máis pequenas e aos máis pequenos”, cunha escenografía deslumbrante e unha narrativa inmersiva, que atrapará a toda a familia.

Programación provisional de Castrelos:

  • 2 de xullo – Deep Purple
  • 18 de xullo – Coral Casablanca
  • 24 de xullo – Ópera Carmen
  • 30 de xullo – Chayanne
  • 1 de agosto – As noites de Zarzuela
  • 7 de agosto – Abraham Mateo
  • 9 de agosto – Ópera Nabucco
  • 11 de agosto – The Corrs
  • 14 de agosto – Viva Suecia
  • 15 de agosto – Iván Ferreiro

Programación infantil:

  • 6 de xullo La gran aventura del Pollo Pepe