REVISTA FEBREIRO

'La gramática'

30xan20:30'La gramática'ESPECTÁCULOS | Desde 17, 80 €20:30(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

Unha muller que traballa como limpadora na Real Academia Española (RAE) e un neurocientífico coinciden cando, por accidente, sobre a limpadora cae un andel infestado de tratados de gramática. Desde ese momento, a accidentada limpadora comeza a expresarse cunha corrección e erudición académicas que lle xeran serios problemas. Acode entón a un terapeuta, o neurocientífico. Así comeza a trama de La gramática, o espectáculo protagonizado por María Adánez e José Troncoso que chega ao Teatro Afundación o vindeiro xoves, 30 de xaneiro (20.30 h) . A obra é a segunda das programadas no marco da Tempada de Abonos de teatro da Obra Social de ABANCA en Vigo. As persoas que non dispoñen de abonos tamén poden asistir.

As últimas entradas están dispoñibles en https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/teatro_comedia/98-teatro-afundacion-vigo/x3agw9ez-la-gramatica.

Máis

Hora

30 xaneiro, 2025 20:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events