‘La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións’ de Rosalía de Castro
Detalles do eventos
O profesor da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, presenta mañá mércores a súa última edición da obra de
Detalles do eventos
O profesor da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, presenta mañá mércores a súa última edición da obra de Rosalía, ‘La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións’ de Rosalía de Castro (Xerais, 2023), en Vigo, na libraría Librouro, acompañado por Manuel Bragado e o editor Fran Alonso.
Despois de Cantares gallegos, Follas novas e En las orillas del Sar, a nova entrega de Anxo Angueira contén a edición crítica do resto da poesía de Rosalía de Castro, no que figuran La flor, A mi madre, a poesía dispersa e as traducións. Este conxunto, entre o que hai verdadeiros tesouros poéticos, acaba por perfilar unha figura extraordinaria das nosas letras e completa o seu extenso e sólido proxecto.
Anxo Angueira Viturro (Manselle, Dodro, 1961) é doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Vigo. No ámbito da creación literaria publicou obras poéticas e narrativas: Val de Ramirás (1989), O valo de Manselle (Xerais, 1996), Bágoas de facer illas (Xerais, 1997), Libro da Vertixe (1997), Pensa nao (Premio Xerais de Novela 1999), Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro (2002), A morte de A. (Xerais, 2003), Fóra do sagrado (Xerais, 2007) e Iria (2012).
Como ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego), vén centrando as súas investigacións na época do Rexurdimento: Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento (2013) ou Rexurdimento: a palabra e a idea (2019). Sobre Rosalía, ademais de diferentes artigos e antoloxías publicou as edicións críticas de Cantares gallegos (2013), Follas novas (2016) e En las orillas de Sar (2019).
Máis
Hora
18 outubro, 2023 20:00(GMT+02:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes