REVISTA ABRIL

Espazo Fest: La Bien Querida

20ago21:00Espazo Fest: La Bien QueridaCONCERTOS | 25,00 €21:00(GMT+02:00) Pazo de Urzáiz

Detalles do eventos

A música de La Bien Querida resoará o venres 20 de agosto nos preciosos xardíns do Pazo de Urzáiz (Nigrán). A autora de grandes éxitos como ‘Dinamita’ ou ‘De momento abril’ súmase ao cartel de EspazoFest cunha actuación que terá lugar ás 21 horas no Escenario Cadaval, habilitado no Pazo de Urzáiz.

A cantante bilbaína chega a Nigrán despois de pasar o Festival TerraCeo en Vigo, onde esgotou o aforo moi rapidamente e deu un concerto memorable. As entradas para o seu concerto no Pazo de Urzaiz xa están á venda, a 25 euros, en teuticket.com. As primeiras 250 entradas venderanse con 20% de desconto, a un prezo de 20 euros.

Sobre a base dunha profunda raíz pop, La Bien Querida constrúe cancións con sonoridades indies ou electrónicas cun claro propósito: “Falo de paixóns, que como dicía Battiato, mátannos por dentro”, proclamaba hai semanas nunha entrevista.

MARLANGO, APRAZADO

A previsión meteorolóxica para este xoves, día 5 obriga a aprazar o concerto de Marlango no Pazo de Touza. A ocorrencia de choivas, altamente probable, impediría facer o concerto ao aire libre. O concerto celebrarase no mesmo emprazamento o vindeiro xoves, 12 de agosto ás 21 horas. As persoas que tiñan entradas poderán mantelas para esa data ou xestionar a devolución a través da web de teuticket.com.

LISTA DE CONCERTOS

30 XUL – Roma + Carlos Sadness – Pazo Urzáiz

31 XUL – Sara Casas + Iván Ferreiro – Pazo Urzáiz

31 XUL – Sanny + Taburete – Pazo de Cea

7 AGO – Sheila Esencia + Tequila – Pazo de Urzáiz

12 AGO – Zeltia e Irevire + Marlango – Pazo de Touza

14 AGO – Mond Band + Coque Malla – Pazo de Cea

20 AGO – La Bien Querida – Pazo de Urzáiz

21 AGO – MJ Pérez + Depedro – Pazo de Urzáiz

27 AGO – It’s Soul + MClan – Pazo de Cea

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Pazo de Urzáiz

Rúa dos Pazos, 44, 36350 Nigrán, Pontevedra

Other Events