La Bella y La Bestia, el musical

11dec12:30La Bella y La Bestia, el musicalPEQUERRECHOS | Desde 15,75 €12:30(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

A Barbarie Teatro Musical ten o pracer de presentar a súa produción La Bella y La Bestia, el musical. É unha adaptación do conto popular francés. A representación está dirixida a todos os públicos, e dura aproximadamente 100 minutos.

Sipnose:
Érase unha vez un príncipe que vivía nun resplandeciente castelo. A pesar de ter todo o que podía desexar, era egoísta e consentido. Unha noite, unha bruxa lanzou un maleficio sobre el e todos o que alí vivían. Como castigo, o príncipe foi condenado a ser unha besta, e só podería librarse dese maleficio se conseguía namorarse dunha moza antes de que caese o último pétalo dunha rosa encantada.

Dez anos despois, unha nova chamada Bella chega ao castelo para rescatar ao seu pai, que é prisioneiro da besta. Din que a verdadeira beleza atópase no interior. Poderá a moza aprender a amar á besta e romper o feitizo?

A Barbarie Teatro Musical convídache a que goces dun clásico musical para nenos e adultos con voces en directo e unha historia de amor que xamais esquecerás!

DIRECCIÓN: Josema Aumentado e Sandra González.

Domingo 11 ás 12:30 e ás 18:30h

Máis

Hora

(Domingo) 12:30(GMT+01:00)