26nov20:30'La barraca'CONCERTOS | Desde 24,30 €20:30(GMT+01:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
A versión escénica de La barraca, dirixida por Magüi Mira, o 26 de novembro no Teatro Afundación. La barraca é a penúltima das 12 obras
Detalles do eventos
A versión escénica de La barraca, dirixida por Magüi Mira, o 26 de novembro no Teatro Afundación.
La barraca é a penúltima das 12 obras programadas este ano pola Obra Social de ABANCA en Vigo como parte da Tempada de Abonos do Teatro Afundación, que presenta en Vigo cada ano algúns dos espectáculos teatrais máis importantes do momento en España.
«Unha historia de sempre que nos fala da eterna loita entre a razón e a violencia, dunha comunidade enferma con comportamentos salvaxes». Así se refire a actriz, escritora e dramaturga Magüi Mira ao argumento de La barraca, a novela de Vicente Blasco Ibáñez publicada en 1898. Mira dirixe a versión teatral do libro que chegará ao escenario do Teatro Afundación o 26 de novembro ás 20.30 horas. As entradas están á venda en Ataquilla.com desde 24,30 €.
Hora
26 novembro, 2025 20:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra



