VIALIA
bannerPicnicSesions

Kv2211: A forza dunha lingua

14mai19:00Kv2211: A forza dunha linguaCONCERTOS | De balde19:00(GMT+02:00) Centro Cultural Helios Bembrive

Detalles do eventos

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, rende homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, escritor, poeta e editor a quen se lle adica o Día das Letras Galegas 2022. E o fai cun concerto titulado “A Forza dunha lingua” o vindeiro sábado 14 de maio ás 19 horas no Centro Cultural Helios de Bembrive, grazas ao apoio e a colaboración do Concello de Vigo. No concerto, actuarán as dúas formacións da Kv2211 así como o Ensemble Kv2211 nesta ocasión formado por sete violonchelos que interpretarán unha obra de Debussy. Actuará a Orquestra Xuvenil dirixida por José Manuel Fernández con obras de Telemman e Elgar e a continuación o Ensemble e a Orquestra Infantil, dirixida por Raquel Fernández e formada polos más pequenos, nenos e nenas de entre 8 e 14 anos de idade. “A Forza dunha lingua” quere resaltar a figura personal e a artística de Florencio Delgado Gurriarán grazas a participación de Sofía Davila Davila na elaboración dos textos literarios e de Raquel e Violeta González Davila na narración dos mesmos. “A Forza dunha lingua” é un dos concertos incluidos na programación da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 do ano 2022 que conta co apoio e colaboración do Concello de Vigo. O concerto é gratuito ata o límite de aforo.

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Centro Cultural Helios Bembrive

Estrada de Bembrive, s/n, 36313 Vigo, Pontevedra

Other Events