Kolars – A Movida

novembro, 2018

10nov20:30KolarsCONCERTO | 8,00 €20:30 Museo Marco

Máis

Detalles do evento

Kolars en concerto no Sinsal 16 Outono Vigo. A parella formada por Rob Kolar e Lauren Brown, o sábado 10 de novembro no MARCO.

O dúo de los Ángeles, Kolars, chega ao Sinsal 16 Outono Vigo o sábado 10 de novembro, cun concerto que terá lugar no MARCO. Namorados entre eles e, ademais, da música, a enerxía do matrimonio formado por Ron Kolar (voz, guitarra) e Lauren Brown (batería) transmítese nos directos; a súa música, un cóctel de rockabilly, blues espacial e glam. O seu carisma e atitude no escenario, fan o resto para conseguir ser inesquecibles. O sábado 10 no MARCO ás 20:30, con entradas á venda en ataquilla.com, Honky Tonk Discos, Elepè Discos e Versus Librería.

A comparación, o recordo e a vibración a The White Stripes pode que estea entre o primeiro que se vén á cabeza ao escoitar  a Kolars, aínda que, se ben o son parido por esta parella vai por esa senda, tamén poden ser relacionados con The Black Keys do principio, pero nun ton máis despreocupado. Algunhas das etiquetas que lles puxeron: desert disco, glam-a-bill, rockabilly-dance, dancebilly, space blues. Antes de Kolars, Rob e Lauren formaron a banda de glam-folk He´s My Brother, She´s My
Sister.

Para os estadounidenses Kolars esta é a súa primeira xira española, con concerto o sábado 10 no MARCO de Vigo ás 20:30. Un tour cun directo ben fogoso, que pasa por seis cidades: o 7 de novembro, Valencia (16 Toneladas, con Fantastic Negrito), o 8, Barcelona (La [2] de Apolo,
abrindo para Fantastic Negrito na Festa 20º Aniversario de Houston Party), o 9, San Sebastián (Double Check Festival), o 10, Vigo (Sinsal Outono), o 11, Zaragoza (La Lata de Bombillas) e o 12, Madrid (Siroco).

O prezo das entradas para o concerto do MARCO é de 8 euros.

Hora

(Sádado) 20:30

Lugar

Museo Marco

Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X