04xulTodo o día05Kokoro Japan ExpoFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 15,00 €(Todo o día)(GMT+02:00) IFEVI
Detalles do eventos
A Kokoro Japan Expo regresa ao IFEVI de Vigo os días 4 e 5 de xullo cunha nova edición dedicada á cultura xaponesa, o anime, o manga, os
Detalles do eventos
A Kokoro Japan Expo regresa ao IFEVI de Vigo os días 4 e 5 de xullo cunha nova edición dedicada á cultura xaponesa, o anime, o manga, os videoxogos e o entretemento asiático. Durante toda a fin de semana, o recinto acollerá unha programación continua con actividades para públicos de todas as idades.
Entre as propostas desta edición destacan espectáculos chegados directamente desde Xapón, como a actuación de Katanaya Ichi, que combinará acción, historia e combates coreografiados inspirados no universo dos samuráis e ninjas, ademais das actuacións de Murasaki Taiko e outras propostas musicais vinculadas á cultura xaponesa.
O cosplay volverá ser un dos grandes protagonistas do evento coa celebración do concurso e pasarela, que contará con convidados internacionais, mentres que a programación dedicada aos videoxogos medra cunha ampla Zona Gamer, torneos, simuladores, unha nova Zona Indie e a maior Zona Arcade da historia do evento.
A oferta completarase con talleres, exhibicións de artes marciais, actividades sobre cultura tradicional xaponesa, proxeccións de anime, espazos dedicados a artistas e creadores de contido, ademais de postos de gastronomía xaponesa e coreana.
As entradas anticipadas teñen un prezo de 15,00 € e poden adquirirse aquí.
Hora
4 xullo, 2026 - 5 xullo, 2026 (Todo o día)(GMT+02:00)
Localización
IFEVI
Av. do Aeroporto, 772, 36318 Vigo, Pontevedra


