Kings of the beach + Go cactus
08nov20:30Kings of the beach + Go cactusCONCERTOS | Desde 7,00€20:30(GMT+01:00) Mondo Club
Detalles do eventos
O último concerto en vigo de Kings of the beach, ata que nos volvamos a ver Acompañados por Go Cactus desde Mallorca
Detalles do eventos
O último concerto en vigo de Kings of the beach, ata que nos volvamos a ver
Acompañados por Go Cactus desde Mallorca que veñen presentar o seu novo LP “Praza Patíns”
Sobre Kings of the beach:
Formados en Vigo en 2013, Adrián Rodríguez (guitarra, voz), Yago Guirado (baixo, voz) e Samuel Otero (batería) percorreron escenarios de España, Portugal e América, consolidándose como unha das bandas máis frenéticas e potentes do panorama.
Cun estilo salvaxe e rápido que bebe do surf punk e o garage rock, Kings Of The Beach conquistou aos seguidores de bandas como Together Pangea, Wavves ou FIDLAR. Desde o seu primeiro EP, “Bat Pussy” (2016), o seu primeiro álbum “Super Awkward, Fucking Awesome” (2018), e “WOAH!” (2022) o seu último LP, o trío demostrou a súa capacidade para facer vibrar ao público en festivais internacionais como o SXSW de Austin ou o Marvin de México.
Agora, con “X-PAIN”, Kings Of The Beach segue ampliando fronteiras e mostrando a súa versatilidade, sen perder a esencia que os define: adrenalina, suor e música para non deixar de moverse.
Sobre Go Cactus:
Go Cactus son un trío balear que navega con mestría as augas do garaxe, o surf e o rock de etiqueta independente. Na súa curta carreira, (lanzaron o seu primeiro EP a finais de 2017) realizaron máis de 100 actuacións que lles levou a percorrer todo o país, Portugal, Inglaterra e Estados Unidos.
Máis
Hora
8 novembro, 2024 20:30(GMT+01:00)
Localización
Mondo Club
Rúa de Joaquín Loriga, 3, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes