REVISTA ABRIL

Kings of the beach + Dalsi + Tu futura ex mujer

12mai20:30Kings of the beach + Dalsi + Tu futura ex mujerCONCERTOS | Desde 10,00€20:30(GMT+02:00) Sala Master Club

Detalles do eventos

Kings of the beach presentan o seu novo disco WOAH! en Vigo na sala Master club. Farano acompañados dos seus colegas de Dalsi e Tu futura ex mujer.

Kings of the beach leva desde o verán de 2013 ofrecendo un directo salvaxe, tentando facerse un oco na liga de campións e son firmes defensores do pogo amigable. O equipo está formado por Adrián (voz/guitarra), Samuel (batería) e Yago (voz/baixo). Grazas á boa táctica de xogo, despregaron toda a súa inspiración por EEUU, México, así como por toda a península ibérica. Desde entón publicaron numerosos singles, un EP e dous LPs. WOAH! é o nome do novo álbum que están a presentar, unha evolución no seu son e un paso xigante nesta nova etapa.

Despois de máis de 200 concertos, compartiron escenario con grandes bandas do panorama nacional e internacional como: ÍDELLES, Carolina Durante, Together PANGEA, The Gories etc.

Dalsi:

Dalsi son Toñi, Anton, Tania, Nuria e Dani, son de Vigo e fan pop, cancións de amor para cando estás de bajón.

Coma se dunha expresión ultra pop tratásese, Dalsi chega desde Galicia coa mochila repleta de manxares para xente desexosa de volver sentir o belisco de grupos como The Pastels ou os primeiros The Field Mice. Referencias como estas son perfectas para entender a idiosincrasia dunha formación capaz de facernos revivir os momentos máis emotivos do que é toda unha actitude #ante a creación musical.

Tu futura ex mujer:

Haime (voz e guitarra), Manu Eirín (guitarra), Dan Veciño (batería) e Iago Pardiñas (baixo) son os nomes que están detrás da banda carballesa, catro amigos pertencentes tamén a outras bandas locais que agora acaban de anunciar o lanzamento do seu novo álbum, Novos Millonarios.

O venres 12 ás 20:30 h na Sala Master. Entradas anticipadas aquí e na sala Kominsky e 12€ en despacho de billetes.

Máis

Hora

(Venres) 20:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events