REVISTA ABRIL

29mar20:30KILLUS + SANNGRECONCERTOS | Desde 15,00 €20:30(GMT+01:00) Sala Master Club

Detalles do eventos

Killus é un cuarteto de Villareal formado na actualidade por Javi Ssagittar (voz), Ruk (guitarra), Premutoxx (baixo) e Anhell Stixx (batería). Chegan a Vigo dispostos a presentar un novo impactante show de metal industrial. Farano a base dunha estética escura e teatral, e un son agresivo inspirado por bandas como Nine Inch Nails, Marilyn Manson, White Zombie ou Ministry.

Unha banda de pura autenticidade desde os seus inicios alá por finais dos 90. De feito, estamos #ante os pioneiros do metal industrial en España e levan décadas demostrando que teñen un dos directos máis esmagadores do noso país.

Sanngre é un combo formado por membros de Ratzinger, Radikal Hardcore, Barbakore e RadioAktiva, cuxo estilo se move entre o hardcore, o thrash metal e o crossover, e cuxa posta en escena tampouco deixa a ninguén indiferente.

Eles mesmos descríbense como “la peste, la rabia y la venganza. Los que caminan por la noche sembrando miseria. Los que robaron los caballos a los cuatro jinetes del apocalipsis. Nuestros rostros son el reflejo del odio y la violencia. Nuestro sonido es tormenta sobre tambores de guerra. Lucha en el barro frente a protesta sentada. Somos la verdad y la mentira. La resistencia y la ira”.

ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

29 marzo, 2025 20:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events