xuño, 2019

22xuñ22:30KELTOI + RUDEPRIDECONCERTO | Desde 10,00€22:30 Sala Master Club

Máis

Detalles do evento

O vindeiro sábado 22 de xuño Keltoi dará o que seguramente sexa o seu único concerto do ano en Vigo. Será na sala Máster xunto a RUDE PRIDE.

RUDE PRIDE desde Madrid, de novo en Vigo, recén chegados da súa xira por USA, México e Colombia. Un referente estatal e internacional da música oi!. Tocarán temas do seu último lp Take it as It Comes ademais de clásicos do seu primeiro traballo “Be True to Yourself”. Cun son particular e estribillos coreables que definen a perfección o estilo desta banda madrileña.

Estarán acompañados pola veterana banda local KELTOI!, con case 25 anos de historia de Street Punk as súas costas e aínda na brecha consolidándose coma unha das bandas clásicas da escea punk/oi! non só no ámbito galego, senón estatal e internacional. Os vigueses tocaran clásicos da banda incluídos temas do seu último traballo “Sons da Rúa”.

Hora

(Sádado) 22:30

Lugar

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

X