decembro, 2019

05dec22:00KARMA ANIMAL + THE WONDERMINDSCONCERTOS | Desde 3,00€22:00 La Fábrica de Chocolate

Máis

Detalles do evento

THE WONDERMINDS

En 2017, Jesús García (batería e voz) e Xoán Varela (guitarra) únense para comezar un proxecto que rendese homenaxe a todas as bandas anglosaxoas coas que se identificaron toda a súa vida. Wondermind ve a luz a partir de covers de Oasis, Block Party e Franz Ferdinand, aínda que máis tarde, as composicións propias empezan a xurdir.

Esta formación comeza a percorrer o territorio local, tocando en salas como LeClub, e indo a festivais en Toledo. En xuño de 2018, o grupo realiza as sesións de gravación dos 5 temas que compoñerían o seu primeiro traballo de estudo, Wondermind. Unha presentación da esencia indie que propoñía desde un principio o grupo. Dentro deste EP, atópase o riff frenético de Blue Dots, ou a harmonía de soul de Bus Song.

The Wonderminds estiveron virando por distintos puntos da xeografía galega, en xaneiro de 2019, a banda foi seleccionada como semifinalista da Guerra de Bandas do Festival Actual de Logroño.

En canto ao estilo musical, os últimos temas, unicamente presentados nos directos, evolucionaron a un xénero máis punk, con máis presenza de guitarra rítmica e teclados. Por este motivo, a banda decidiu selar o seu propio estilo baixo o termo disco punk. Unha mestura de ritmos de febre do sábado noite e guitarras co pedal de distord pisado.

Cunha clara proxección dun discurso feminista, nos directos, buscan dar voz e visibilizar a presenza feminina na escena musical.

KARMA ANIMAL

Karma Animal é un trío vigués de Grunge – Rock vigués formado en 2019 por Brais Quevedo (guitarra – voz), David Rodriguez (Batería – voz) e Lois Sío (voz – baixo).

A banda conta cun repertorio de temas propios en castelán, inglés e galego. Os dous primeiros serán publicados en decembro de 2019, mentres a banda continúa gravando parte das súas cancións en estudo.

Aínda que as bases rítmicas e potentes son un elemento común en boa parte do repertorio, leste é variado, podendo pasar de temas rápidos e directos a outros moito máis suaves e intensas , sen perder a identidade sonora da banda.

Hora

(Xoves) 22:00

Lugar

La Fábrica de Chocolate

Calle de Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra, 36201 Vigo, Pontevedra

X