
05abr21:00JULIAN MAESO BANDCONCERTOS | Desde 15,00 €21:00(GMT+02:00) Radar Estudios
Detalles do eventos
O instinto salvaxe do entusiasta do rock Curtido na escena nacional non só en The Sunday Drivers, dos que foi membro fundador, se non tamén en bandas como
Detalles do eventos
O instinto salvaxe do entusiasta do rock Curtido na escena nacional non só en The Sunday Drivers, dos que foi membro fundador, se non tamén en bandas como Andabluses, The Blackbirds, Speaklow, Aurora & The Betrayers ou The Sweet Vandals, Julián Maeso é un reputado creador de sons e cancións con tres álbums en solitario ás súas costas. Maeso é ademais de multiinstrumentista, un dos mellores especialistas en órgano Hammond do noso país. Xirou con artistas como M-Clan ou Quique González. Grandes divas do soul como Irma Thomas, Betty Harris ou Martha High e as súas colaboracións inclúe a artistas como Paxaro, Ken Stringfellow, Taylor McFerrin ou The New Master Sounds. A oportunidade de telonear a músicos da talla de Jakob Dylan, Paul Weller, The James Taylor Quartet, Maceo Parker ou Neneh Cherry permitiulle alargar o seu indiscutible oficio.
A outra gran característica deste artista reside no seu apaixonado coñecemento dos distinguidos xéneros que conflúen no rock. E de aí xorde o salto do Maeso instrumentista ao Maeso compositor, un salto que deu en 2012 cando publicou Dreams are gone, o seu debut en solitario. Aparecía xa como cantante, compositor e músico nun disco de moitos quilates, gravado á antiga e con cancións de longo desenvolvemento.
Máis
Hora
5 abril, 2025 21:00(GMT+02:00)
Localización
Radar Estudios
Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual