VIALIA
bannerPicnicSesions

Juanes, novo cabeza de cartel do festival PortAmérica

04xul(xul 4)18:0006(xul 6)23:59Juanes, novo cabeza de cartel do festival PortAméricaFESTIVAIS E FEIRAS | -18:00 - 23:59 (6)(GMT+02:00) Fábrica Azucreira de Portas

Detalles do eventos

O festival PortAmérica acaba de desvelar unha nova remesa de artistas que se sumarán á listaxe de nomes xa confirmados como Aitana, Vetusta Morla, Arde Bogotá, El Columpio Asesino, Xoel López, Toquinho ou Carlos Sadness.

A gran sorpresa deste anuncio está na estrela colombiana Juanes, recentemente galardoado co Latin Grammy a Mellor Álbum de Pop/Rock. O cantante forxou unha carreira musical diversa e exitosa, fusionando maxistralmente pop e rock latino. Con éxitos como “La Camisa Negra” ou “A Dious le pido”, as súas cancións non só conquistan as listas de éxitos, senón que tamén capturan a esencia da súa habilidade para contar historias a través da música, consolidándoo como un referente internacional na escena musical. Ademais, o seu concerto no PortAmérica será a única data do colombiano no calendario musical galego.

A par de Juanes, outros nomes únense a este novo adianto. Ilegales, banda pioneira do rock español con catro décadas ás súas costas, deixaron unha marca indeleble coa súa enerxía e letras provocativas. Besmaya, o dúo revelación de pop estendido, combina sons alternativos con tendencias actuais, ofrecendo un directo moi persoal: unha banda que ‘’dá ao pop a experiencia do rock.’’ O grupo de indie rock, León Benavente, coñecido por temas como ‘’Ser Brigada’’ ou ‘’Ánimo, valiente’’, tamén fará mostra da súa versatilidade e experiencia sobre o escenario portamericano. Entre este ecléctico conxunto tamén se atopa a experimentada Guadi Galego, quen tece unha narrativa músical única fusionando folk e pop en temas que exploran a identidade cultural de Galicia.

O festival confirmou que, tras o éxito de venda dos Abonos Crentes e a 1ª fase de venda, esta tarde ás 14:00h poñerase adquirir a 2ª fase de abonos a través de portamerica.es

Un ano máis, o festival contará con zona de acampada, xunto a servizo de autobuses que conecten ao festival coas principais cidades galegas: Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Cambados… Proximamente compartirase máis información sobre estes servizos.

ENTRADAS

Máis

Hora

4 (Xoves) 18:00 - 6 (Sábado) 23:59(GMT+02:00)

Localización

Fábrica Azucreira de Portas

Rúa Estacion, 34, 36658 Caldas de Reis, Pontevedra

Other Events