
O referente mundial do flamenco-jazz, Jorge Pardo, presenta o seu legado nun concerto único
Detalles do eventos
Jorge Pardo, un dos músicos españois máis influentes a nivel internacional, celebra medio siglo revolucionando a fusión entre flamenco e jazz cun concerto en Vigo.
Detalles do eventos
Jorge Pardo, un dos músicos españois máis influentes a nivel internacional, celebra medio siglo revolucionando a fusión entre flamenco e jazz cun concerto en Vigo.
O aclamado frautista e saxofonista, ofrece, o sábado 12 de abril no Cine Teatro Salesianos, un amplo repertorio percorrendo as cinco décadas da súa carreira musical, desde os inicios con Paco de Lucía ata as últimas exploracións. Ademais, o concerto conta coa participación do seu trío, composto por José Manuel Ruíz Motos Bandolero e Melón Jiménez, quenes o acompañan na xira.
Pardo foi unha figura clave en romper as barreiras entre os xéneros flamenco e jazz. Tras pioneiros como Pedro Iturralde ou Paco de Lucía, el levou a fusión á súa máxima expresión na década dos 80, combinando a improvisación jazzística coa raíz flamenca. O seu dominio da frauta e o saxo, xunto coa capacidade para reinventar ritmos, inspirou a moitas xeracións. A maiores, obtivo grandes premios e recoñecementos como Mellor Músico de Jazz Europeo pola Academie Française du Jazz, Premio Nacional de Músicas Actuales polo Ministerio de Cultura de España e mesmo un Grammy.
Máis
Hora
12 abril, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Teatro Salesianos
Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra