VIALIA
bannerPicnicSesions

JOHN WILLIAMS E HANS ZIMMER

06xan21:00JOHN WILLIAMS E HANS ZIMMERCONCERTOS | Desde 22,00€21:00(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

A MELLOR MÚSICA DE PELÍCULA – Hollywood Symphony Orchestra

Os dous grandes protagonistas deste concerto son os inesquecibles John Williams e Hans Zimmer.

Un intenso percorrido por esas bandas sonoras que máis nos emocionaron. Melodías universais que nos fixeron rir, chorar, soñar, sufrir e saltar da butaca, que xa forman parte da memoria colectiva e que hoxe cobran vida propia fóra das salas de proxección.

As heroicidades de Star Wars, o atrevemento de Indiana Jones e a maxia de Harry Potter inspiraron a John Williams para crear algunhas das partituras de películas máis queridas de todos os tempos. Traballou man a man con Steven Spielberg e compuxo a música que acompaña a case todas as obras do director.

Desde a década dos 80, Zimmer ofreceu música marabillosa para taquillas como Gladiator, Origin, Sherlock Holmes, Piratas do Caribe, a triloxía The Dark Knight e gañador de múltiples premios O Rey León, así como moitos outros proxectos de cine e televisión. Hans Zimmer creou escintilantes mundos de son que evocan épocas desde a antiga Roma ata o futuro afastado.

Entradas á venda a través de www.teuticket.com

Xoves 6 de xaneiro ás 21:00h

Máis