decembro, 2019

05dec23:59John Axiom + PálidaCONCERTOS | 4,00€23:59 Sala Kominsky

Máis

Detalles do evento

Desde a terra do ouro chega John Axiom, un dos todo-terreos musicais da escena galega.
John creou música para desfiles de moda do deseñador Adolfo Dominguez, para cinema en Hollywood,  a película The counselor do director Ridley Scott e editou para notables selos do panorama electrónico nacional como Natura Sonoris, do gran Henry Saiz. Nesta ocasión John vén presentarnos o seu segundo traballo longo en formato ao vivo, cun directo emotivo e cativador que a recado conquistará aos padais e pés máis esixentes.

Acompáñalle Pálida, terremoto sonoro local que trae unha vez máis as súas máquinas de amor para repartir beats, melodías e imaxes de ilusión. Tras a boa acollida do seu último traballo, o EP ” The Forest” (La Melona, 2019) e o relanzamento do seu LP do ano pasado, “Shounen Kingdom” (La Melona, 2018), a Pálida aínda quédanlle balas na recámara para quentar a pista e os corazóns e combater o frío e o inminente inverno.

Hora

(Xoves) 23:59

Lugar

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

X