bannerRevistaOnline

26nov22:00JC Smith & The Red Duck BluesCONCERTOS | Desde 15,00€22:00 Sala Rouge

JC Smith & The Red Duck Blues

Por primeira vez, o gran guitarrista e cantante de blues JC Smith aterra en Galicia, para realizar exclusivamente a xira en terras galegas, parando en Vigo o 26 de novembro.

Xunto ao grupo vigués The Red Duck Blues, JC Smith trae unha experiencia musical electrizante e carismática, con música que viaxa desde Jumpin Blues ata Old School Soul. Esta banda pode facer bailar ao público máis conservador, como demostra en cada un dos seus concertos.

Nado en San Francisco (USA) e tras 20 anos xirando ininterrumpidamente por Estados Unidos, México, América do Sur e Rusia, esta será a súa primeira vez na península ibérica. JC Smith traballou e colaborou xunto a eminencias do blues como BB King, Hubert Sumlin, Buddy Guy, Buddy Miles…, ademais de ser respetado e admirado por Mick Jagger, quen o contrata habitualmente para tocar nas súas festas.

Sábado 26 ás 22:00

Entradas á venda en www.salarouge.com

Máis

Hora

(Sábado) 22:00

Localización

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra

X