VIALIA
bannerPicnicSesions

Jazz na Caixa

17xul18:0022:00Jazz na CaixaCONCERTOS| 15,00 €18:00 - 22:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Este ano en Vigo, por segunda vez, Jazz na Caixa pretende continuar a crear lazos entre o público galego e os músicos de jazz portugueses, e consideran a Fundación Sales o mellor sitio para facelo.

Jazz na Caixa tivo o seu inicio en 2017, da man de Tiago Machado. Tiago estudou música e viviu en Vigo, formando parte do Eixe Luso Galaico, e non só da música.

O Programa presenta dous proxectos ligados ao Eixe do Jazz, o EJE, sempre orientado por Diego Alonso, que desta vez non vai estar presente, sen embargo convidou a Yago Vásquez para tocar con tres elementos habituais do EJE, e 1875 do Tempo Non Parou, proxecto creado en confinamento por Hélder Costa, Nuno Cachada e Cristina Marvão e que conta co apoio do Eixe do Jazz.

Despois o Indigo Quintet, unha abordaxe tímbrica e musicalmente desafiante no universo da música instrumental. Xunta o jazz, rock, funk, tango, bossa-nova e música clásica, e fai unha fusión rica de instrumentos.

Máis

Hora

(Sábado) 18:00 - 22:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events