Detalles do eventos
Os artistas Javier Lago e Carla Lourdes presentan ‘San Sebastián’, un novo sinxelo que marca o inicio dunha etapa creativa para ambos. O
Detalles do eventos
Os artistas Javier Lago e Carla Lourdes presentan ‘San Sebastián’, un novo sinxelo que marca o inicio dunha etapa creativa para ambos. O tema, que se publica o 10 de abril, é o primeiro adianto do próximo traballo discográfico de Lago, que se irá desvelando ao longo de 2026.
A estrea celebrarase cun evento exclusivo este venres no Bocana Music Bar, a partir das 20:00 h. A cita incluirá un pequeno showcase en directo e ofrecerá ao público a oportunidade de participar na gravación da secuencia final do videoclip. Ademais, como incentivo, as primeiras 20 persoas que asistan e compartisen previamente a canción nas redes sociais recibirán unha consumición gratuíta.
‘San Sebastián’ preséntase como un himno indie-pop producido por Raúl Ben, colaborador habitual de ambos artistas, e mesturado por Lucas Piedra Cueva, coñecido polo seu traballo con nomes destacados como Jorge Drexler, Xoel López ou Valeria Castro. No caso de Javier Lago, este lanzamento chega tras o éxito do seu álbum debut, Perdón por las molestias, que o levou a escenarios de festivais como Río Verbena, Festival da Luz ou Surfing The Lérez. Con este novo sinxelo, o artista dá comezo a un ano cheo de novidades que culminará cunha serie de concertos por toda Galicia, incluíndo a súa actuación o 20 de maio en Santiago de Compostela dentro do ciclo Noitinhas.
Pola súa banda, Carla Lourdes continúa consolidando a súa carreira tras a boa acollida do seu primeiro traballo, El día que descubrí el lunar de tu oreja. A súa participación neste sinxelo reforza o seu posicionamento como unha das voces emerxentes máis destacadas do pop estatal.Esta colaboración supón unha mostra do bo momento que atravesa o pop de autor en Galicia. ‘San Sebastián’ perfílase así como un dos lanzamentos clave da tempada, abrindo un 2026 no que ambos artistas seguirán revelando novos proxectos.
Hora
10 abril, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Bocana
R. Pablo Morillo, 7, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
abril


