JAMMING SHOW – A Movida

outubro, 2018

11out21:30JAMMING SHOWHUMOR | Desde 10,00€21:30 Teatro García Barbón

Máis

Detalles do evento

O espectáculo máis divertido de Jamming Compañía Teatral, máis de 1.500.000 de espectadores. Un show tremendamente orixinal no que cada actuación é única e irrepetible e constrúese ante os ollos do público asistente. Gargalladas aseguradas!

En Jamming, o espectador é parte activa do show. Partindo de títulos escritos polo público, os actores idean e interpretan unha serie de improvisacións acorde cuns estilos. Jamming levámolo a cabo cinco persoas: catro actores- improvisadores, encargados de levar o peso do espectáculo desenvolvendo as improvisacións, e un técnico- improvisador que as ambienta con luz e son, no momento.

Cremos que o seu poder como espectáculo reside fundamentalmente en que se distancia do teatro convencional na súa concepción, pero non na súa realización. É dicir, escríbese ante o público (non convencional) pero realízase coas ferramentas da interpretación convencional.

O público contempla algo novo pero reconocible. Ademais, sente parte do show xa que é el, o encargado de escribir os títulos de cada peza teatral. Unha vantaxe clarísima de Jammingé que un espectador pode acudir a todas as funcións, non verá nunca o mesmo, apreciará sempre unha estrutura común pero as representacións serán diferentes, tanto formal como temáticamente. Tras a primeira vez, saberá o que vai recibir pero non o que.

Hora

(Xoves) 21:30

Lugar

Teatro García Barbón

Policarpo Sanz ,13 36202

X