maio, 2022
Este é un evento repetitivo17 maio, 2022 21:00
10mai21:00Telmo Fernández Trío + Jam SessionCONCERTOS | 5,00€21:00 La Casa de Arriba
Detalles do eventos
Volven ás jam sessions de jazz á Casa de Arriba. Tódolos martes ás 21:00h diferentes músicos da cidade participarán nestas xa traidicionais improvisacións do local de Churruca, que
Telmo Fernández Trío + Jam Session
Volven ás jam sessions de jazz á Casa de Arriba. Tódolos martes ás 21:00h diferentes músicos da cidade participarán nestas xa traidicionais improvisacións do local de Churruca, que desapareceran por mor da pandemia e volven agora con nova rexencia.
Telmo Fernández: Guitarra
Yudit Almeida: Contrabajo
Chus Pazos: Batería
Martes 17 Maio, 21:00 h.
A Casa de Arriba
Entrada: 5€
Telmo Fernández é un guitarrista, compositor e arreglista con estilo ecléctico, o seu traballo vai desde o clásico trío guitarra-órgano-batería ata ensambles máis grandes. Baseado na tradición da B.A. M e música latina, escribiu e arranxou desde temas gospel ata r& b, así como jazz, funk, hip hop e música afrocubana. Profundamente arraigado nos sons da década de 1970, agrega un sabor propio e contemporáneo á súa música. As súas influencias van desde guitarristas lendarios como Grant Green e Wes Montgomery ata artistas icónicos como Roy Ayers, Mongo Santamaría, Albert King, James Brown, Elio Revé ou Pacho Alonso.
Nesta ocasión preséntase con dous artistas dabondo coñecidos na escena galega. A contrabajista cubana Yudit Almeida, e o baterista galego Chus Pazos.
Máis

(Martes) 21:00
La Casa de Arriba
Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra