>
Detalles do eventos
A Sala Rebullón celebra xunto o Míúdo Fest a súa IX Romaría polo seu aniversario. O evento terá lugar no CSCD As Pedriñas e
Detalles do eventos
A Sala Rebullón celebra xunto o Míúdo Fest a súa IX Romaría polo seu aniversario. O evento terá lugar no CSCD As Pedriñas e comezará coa sesión vermú da man de Filloas, que chega en formato showcase ao escenario exterior para presentar o seu novo EP. Este artista de pop urbano destaca por unha proposta enérxica que fusiona tecno, pop, punk e electrónica.
A continuación, dará comezo o xantar popular co tradicional porco ao espeto, con bocadillos a prezos populares. Pola tarde, a partir das 17 horas, a programación intégrase co Miúdo Fest, que celebra a súa décima edición achegando espectáculos para o público infantil e familiar con acceso de balde. A primeira actuación da tarde correrá a cargo de Peter Punk ás 17:00 h no escenario exterior. O recoñecido artista ofrecerá o seu característico estilo irreverente, combinando acrobacias, malabares e humor nun show constante de interacción co público.
Ás 18:00 h será a quenda de Cé Orquestra Pantasma. O proxecto de César Freiria, o “home orquestra”, repasará a música popular desde a tradición ata o punk cun repertorio versátil e instrumentos simultáneos que prometen animar a todas as idades. A música continuará ás 19:00 h coa Banda da Balbina, que achegará a súa mestura de cancioneiro propio e arranxos frescos. O seu estilo, marcado polo humor e o espírito festivo, está deseñado para que o público participe activamente bailando e cantando.
Ao caer a noite, a programación gratuíta exterior dará paso á festa no interior da Sala Rebullón. A partir deste momento, a entrada será de pago (desde 12 euros) para gozar de tres propostas musicais que pecharán a romaría por todo o alto. El Nido presentará o seu folk contemporáneo, creando un diálogo entre a tradición da xota e a produción moderna. A banda burgalesa destaca por un directo expresivo onde a percusión e as cordas constrúen unha atmosfera potente e poética.
Desde Ourense, Guezos ofrecerá un estilo rock-pop-folk moi aberto. A súa proposta mestura as harmonías do folk galego coa forza do rock e ritmos que van desde a rumba ata o reggae, garantindo enerxía e celebración colectiva. O peche definitivo da festa correrá a cargo de DJ Chega na hora. Cun set cargado de música tradicional galega e portuguesa mesturada con ritmos de raíz, converterá a sala nunha sesión de danza comunitaria para alongar a noite entre muiñeiras e ritmos populares.
Hora
16 maio, 2026 13:00(GMT+02:00)
Localización
Centro Cultural As Pedriñas


