BIBOPALULA

22mai21:00IVANKOVÀ + SERPE + ARDEN LUXCONCERTOS | Desde 13,20 €21:00(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

IVANKOVÀ é o proxecto musical da artista sonora Irene da Cova. Cunha formación musical ecléctica, o seu proxecto céntrase nas tensións e interaccións producidas entre a harmonía, a emoción e os estados de transo como motivadoras da percepción sonora. Unha proposta que se constrúe a través de mantras vocais, repeticións e composicións onde os sons sostidos e as cadencias pausadas, xeran unha sorte de fantasía sonora inmersiva.

O galego-madrileño Martín Nieto, alias SERPE, empezou a compoñer con 18 anos e, tras dous anos traballando no seu debut, decidiu que Abrazar el vacío sexa a súa carta de presentación no ámbito da música. Abrazar el vacío é un disco excepcional, de son exquisito. Construído ao redor da idea dun pozo, cuxas paredes se empezan a desmoronar (con sons de rocas de verdade caendo, non hai en todo o disco nin un só son que non fose gravado por el), o álbum narra unha traxectoria que culmina co colapso da estrutura e, á súa vez, a apertura dun novo horizonte. Quen sabe como un rapaz de 20 anos acaba facendo un disco que parece beber de Nurse With Wound, Raime ou Puce Mary. Cun debut como este só cabe preguntarse que estará por vir.

ARDEN LUX é un proxecto de música electrónica que nace en 2022 coa intención de explorar e combinar os sons do techno, industrial e experimental. Influenciados por bandas como Autechre, SHXCXCHCXSH e Orphx, o seu primeiro traballo publícao o selo valenciano Subsist Records (Óscar Mulero, Stanislav Tolkachev, Voidloss, etc) en maio de 2024.

ENTRADAS AQUÍ

Máis