ORQUESTRA CLÁSICA

24mar17:30Iván Ferreiro visita o podcast musical 'Entre tema e tema' (e podes asistir como público)ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:30(GMT+01:00) Cine Salesianos

Detalles do eventos

O músico de Nigrán Iván Ferreiro visita este martes 24 de marzo ás 17:30 h o podcast Entre tema e tema, conducido por Ángel Díaz e gravado en directo na biblioteca do colexio Salesianos (rúa de Venezuela, 3). O acceso á gravación é gratuíto e por orde de chegada. As portas ábrense ás 17:15 h, quince minutos antes do comezo.

Este podcast de temática musical arrancou en xuño de 2025 coa entrevista a Capital Voskov, aos que seguirían Sés, Carla Lourdes, Tonhito de Poi, Eladio Santos e agora Iván Ferreiro. Preme aquí para escoitar os capítulos anteriores.

Iván Ferreiro é un dos músicos locais máis destacados da nosa historia. Comezou a sua traxectoria con Los Piratas, banda de indie que gozou de notable éxito na década dos noventa e comezos do novo século. Tras a súa separación, iniciou unha carreira en solitario que dura ata hoxe, cunha decena de discos publicados. Actualmente está inmerso na xira Hoy x Ayer, que conmemora o 35 aniversario da súa carreira musical e onde repasará o seu cancioneiro desde Piratas ata hoxe.

Hora

24 marzo, 2026 17:30(GMT+01:00)

Localización

Cine Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events