15ago22:00Iván Ferreiro en CastrelosCONCERTOS | 10,00 €22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos
Detalles do eventos
O mércores 5 de agosto saen á venda as entradas para o concerto de Iván Ferreiro en Castrelos. Terán un prezo de 10 euros. Ao
Detalles do eventos
O mércores 5 de agosto saen á venda as entradas para o concerto de Iván Ferreiro en Castrelos. Terán un prezo de 10 euros. Ao día seguinte, polo mesmo prezo, sairán á venda as entradas para o último concerto da tempada: Fillas de Cassandra, The Rapants e Eladio y los Seres Queridos. O sistema de venda será o mesmo do ano pasado: habilitaranse dúas quendas, unha de mañá (9:00 – 14:00 h) e outra de tarde (16:00 – 21:00 h), onde se poderán mercar tanto de xeito presencial no despacho de billetes de Castrelos ou online na web municipal vigo.org. En cada quenda poñeranse á venda 2000 entradas presenciais e 500 en liña. Cada persoa pode adquirir ata catro entradas, que son nominativas, polo que é obrigatorio levar o DNI das persoas que van acudir á actuación.
Iván Ferreiro é un cantante e compositor galego nacido en Nigrán (Pontevedra) en 1970. Foi o líder da banda Los Piratas, un dos grupos máis influintes do rock español dos anos 90, antes de iniciar a súa carreira en solitario en 2003. A súa música combina indie rock e pop rock, con letras poéticas e emotivas que tratan sobre o amor, a memoria e as emocións humanas. Entre os seus álbums máis destacados están Canciones para el tiempo y la distancia (2005), Casa (2016) e Trinchera Pop (2023). Ao longo da súa carreira colaborou con artistas como Enrique Bunbury e Xoel López, e as súas cancións converteronse en clásicos do panorama musical español.
Chega a Castrelos coa xira ‘Hoy por ayer’, na que celebra 35 anos sobre o escenario e na que interpreta as súas mellores cancións desde Piratas ata a actualidade.
PROGRAMA
- 2 de xullo – Deep Purple
- 16 de xullo – Molotov
- 18 de xullo – Coral Casablanca
- 24 de xullo – Ópera Carmen
- 30 de xullo – Chayanne
- 1 de agosto – Noite de zarzuela
- 7 de agosto – Abraham Mateo
- 9 de agosto – Ópera Nabucco
- 11 de agosto – The Corrs
- 14 de agosto – Viva Suecia
- 15 de agosto – Iván Ferreiro
- 16 de agosto – Fillas de Cassandra, The Rapants e Eladio y los Seres Queridos
Hora
15 agosto, 2026 22:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
agosto


