xullo, 2019

03xul(xul 3)19:00IV xornadas LGTBIQ+ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Multicines Norte

Máis

Detalles do evento

As IV Jornadas LGTBIQ+, organizadas pola Coordenadora de CC.SS do Sudoeste, súmanse ao mes do orgullo e á visibilización e defensa dos dereitos e liberdades das identidades disidentes cunha programación de dous días que dará comezo hoxe mércores ás 19h no Centro Social Faísca co seguinte programa:

19h – Obradoiro “Gordofobia e consumismo: como sobreviver à ditadura gaipitalista” por Ángel Amaro

20h – Palestra de Avante LGBT Vigo “Es Queer e nom o sabes”

21h, Debate arredor do “Capitalismo Rosa”, propiciado pola Asociación Nós Mesmas de Vigo.

O primeiro día de xornadas finalizará coa presentación do video resumo da xornada de manifestación do Orgullo 2019 de Vigo, aderezada cos saborosos petiscos veganos do Coletivo Distopía de Vigo.

O programa continúa o xoves, 4 de xullo, ca proxección do documental arxentino ‘Cárceles bolleras’, ás 20:10 nos Multicines Norte.

Hora

3 (Mércores) 19:00

Lugar

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

Organizador

LS FaíscaRúa Toledo 9

X