Detalles do eventos
Este sábado 25 de abril regresa o Ping Pong á Ronda. A Fundación Social Emaús, en colaboración co Centro Xuvenil Abertal, o Club de Tenis de Mesa de
Detalles do eventos
Este sábado 25 de abril regresa o Ping Pong á Ronda. A Fundación Social Emaús, en colaboración co Centro Xuvenil Abertal, o Club de Tenis de Mesa de Vigo e a Federación Galega de Tenis de Mesa, organizan o IV Torneo de Ping Pong da Ronda.
A participación é totalmente de balde; o único requisito é realizar a inscrición ás 11 da mañá na mesa de organización habilitada na praza da Ronda. Non é necesario ter experiencia coa pala, xa que se formarán equipos para garantir enfrontamentos equilibrados e que todas as persoas poidan desfrutar dunha mañá de lecer coa veciñanza.
Para calquera consulta, pódese contactar no teléfono 628582640, no correo participa@emaus.com ou a través das redes sociais @quepasanobarrio.
Hora
25 abril, 2026 11:00 - 14:00(GMT+02:00)
Localización
Ronda de Don Bosco
Rúa da Ronda de Don Bosco 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
maio

