Apertuke, o festival de percusión afrobrasileira, volve esta finde a Panxón
Detalles do eventos
Nigrán acolle o 16 e 17 de setembro o IV Festival de Percusión Apertuke, organizado pola Asociación de Percusionistas e Tamborileiros APERTA, pioneiro na provincia de Pontevedra e que ten como finalidade
Detalles do eventos
Nigrán acolle o 16 e 17 de setembro o IV Festival de Percusión Apertuke, organizado pola Asociación de Percusionistas e Tamborileiros APERTA, pioneiro na provincia de Pontevedra e que ten como finalidade facer unha xuntanza entre percusionistas e dar a coñecer os ritmos de fusión afrobrasileiros e afrolatinos ao gran público.
Durante dous días haberá concertos, batucadas, obradoiros de percusión, obradoiros de danza, obradoiros infantís, pasarrúas, xogos populares, circo e animación de rúa. Todas as actividades, agás o obradoiro de percusión para adultos, son de balde e terán lugar no complexo deportivo municipal Dunas de Gaifar en Panxón.
No recinto haberá tamén barra, postos de comida e postos de artesanía. O obxectivo do Apertuke é ofrecer un evento próximo, igualitario, participativo, social, horizontal, aberto, educativo, respectuoso coas persoas e respectuoso co medio ambiente.

Máis

Hora
16 (Sábado) 10:30 - 17 (Domingo) 15:00
Localización
Espazo Dunas de Gaifar (Nigrán)