12ago11:0911:09IV Encontro Europeo de Candombe en Vigo11:09 - 11:09(GMT+02:00) Paseo Alfonso XII
Detalles do eventos
A cidade de Vigo volve converterse nun punto de encontro arredor do candombe, ritmo de raíz afrouruguaia recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Máis de
Detalles do eventos
A cidade de Vigo volve converterse nun punto de encontro arredor do candombe, ritmo de raíz afrouruguaia recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Máis de 100 persoas chegadas de distintos puntos de España e Europa reuniranse para tocar, bailar e compartir unha tradición que leva arredor de 25 anos formando parte da vida cultural viguesa.
A cuarta edición celebrarase o 15 de agosto, desde as 19:00 h, no paseo de Samil, e continuará o 16 de agosto, a partir das 13:00 h, no Paseo de Alfonso XII. Este ano o encontro vestirase de azul, branco e negro, como símbolo da unión entre Galicia e Uruguai e cunha homenaxe especial á memoria colectiva galega.
Hora
12 agosto, 2026 11:09 - 11:09(GMT+02:00)
Localización
Paseo Alfonso XII
Paseo de Alfonso XII, 7, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




