REVISTA NADAL

13dec16:00IV Encontro de rondallas en BeadeAS NOSAS FESTAS | De balde16:00(GMT+01:00) Centro Cultural de Beade

Detalles do eventos

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta o “IV Encontro de Rondallas en Beade”. O evento, programado para o sábado 13 de decembro a partir das 16:00 horas, contará coa participación da Rondalla do C.S.C.R. de Beade, a Rondalla do C.C.A.R. Valadares (CVC de Valadares) e a Rondalla Airiños dá Lagoa (Asociación Folclórica Airiños dá Lagoa de Baíña-Baiona).

Primeiramente, realizarán un pasarrúas pola parroquia cos seguintes percorridos:

Rondalla do C.S.C.R. de Beade: desde o cruzamento de Seixiños ata o aparcamento da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Rondalla do C.C.A.R. Valadares: desde o cruzamento da igrexa ata o aparcamento da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Rondalla Airiños da Lagoa: desde o cruzamento da igrexa ata o aparcamento da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.

A continuación, o acto central terá lugar no aparcamento da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, onde as tres rondallas mostrarán unha demostración do seu traballo realizado ao longo de todos estes meses de ensaios. O evento pode sufrir modificacións por mor da climatoloxía.