VEGANA

IV Concurso Internacional de Piano "Cidade de Vigo"

15out(out 15)10:0017(out 17)22:00IV Concurso Internacional de Piano "Cidade de Vigo"FESTIVAIS E FEIRAS | De balde10:00 - 22:00 (17)(GMT+02:00)

Detalles do eventos

O prestixioso Concurso Internacional de Piano “Cidade de Vigo”, que conta cada ano con xurados de renome mundial, celebrarase por primeira vez vía online (debido á pandemia), e será retransmitido en streaming na páxina de Facebook do concurso para todo o planeta. Levarase a cabo do 15 ao 19 de outubro do 2020, cun concerto inaugural o día 14.

O xurado que conformará dita edición estará formado polos pianistas Nelson Freire (presidente do xurado), Martha Argerich, Tamás Vásáry, Pablo Galdo e Sergio Tempo. Será a primeira vez que todos eles sexan xurados nun concurso online, e xuntaranse todos eles nun lugar común, co fin de avaliar aos candidatos.

A primeira rolda do concurso será os días 15, 16 e 17 en horario de mañá e tarde, e ademais das deliberacións do xurado, haberá unha votación pública, na que o participante máis votado de cada día pasará á semifinal, que levará a cabo o día 18, tamén en horario de mañá e tarde. A gran final terá lugar o día 19 ás 17.00.

A presente edición contou coa preinscrición de participantes de 49 países, cifra só superada pola edición anterior do mesmo concurso (381 participantes de 53 países). De entre eles, finalmente foron seleccionados 70 candidatos.

Esta edición online do concurso seguirá contando coa colaboración do Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, Dous Acordes ou AIE, entre outros, así como diversas sociedades de concertos de España e o estranxeiro, nas cales o gañador ofrecerá unha xira de concertos.

Máis

Hora

15 outubro, 2020 10:00 - 17 outubro, 2020 22:00(GMT+02:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!