bannerVialia
RevistaFebreiro23

08xan17:00IV Certame de RondallasCONCERTOS | De balde17:00 Pavillón das Travesas

IV Certame de Rondallas

O IV Certame de Rondallas ‘Cidade de Vigo’ reunirá o 8 de xaneiro de 2023 no Pavillón das Travesas ás catro rondallas que están en activo na cidade: a do CSCR de Beade, a rondalla Pena de Freixo-Valladares, a SCDR Helios de Bembrive e a rondalla do CVC de Valadares.

Este tradicional certame é unha actividade amateur enraizada na cidade, moi propia do Nadal e dos Reis e que engarza cunha tradición importante do sur de Galicia.

Antes do comezo, haberá desfile das comparsas na contorna das Travesas e da Praza de América, o que permitirá admirar a vistosidade das rondallas e da tradición que encarnan.

Domingo 8 ás 17:00

Acceso libre

Máis

Hora

(Domingo) 17:00

Localización

Pavillón das Travesas

Av. de Castrelos, 1, 36210 Vigo, Pontevedra

X